Saturday 20 de April de 2024

Sánchez Bugallo conforma unha candidatura renovada “con experiencia e ilusión, solvente e de futuro”


Os socialistas respaldaron en Asemblea Local Extraordinaria a candidatura liderada polo alcalde, Sánchez Bugallo,que pretende dar continuidade a un proxecto de cidade “das persoas”: “recuperamos o rumbo, desbloqueamos os proxectos paralizados durante os últimos oito anos, renovamos os contratos municipais que estaban prorrogados e, agora que collemos impulso, debemos seguir traballando para facer de Santiago a cidade que todas e todos merecen e merecemos”.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2023. Unha candidatura “de cidade”. Así define o alcalde, Sánchez Bugallo, a lista coa que concorrerá ás próximas eleccións municipais co obxectivo de revalidar no cargo, “e non nos poñemos límites, os feitos están aí, Santiago non ten nada que ver hoxe con 2019: hoxe hai intermodal, hoxe o polígono de A Sionlla está cheo de empresas, hoxe temos os datos de paro máis baixos da historia, hoxe a nova EDAR conta con financiación, hoxe hai máis de 300 millóns de euros comprometidos en inversións na cidade, hoxe hai futuro e nós estamos dispostos a seguir traballando pola cidade” recalca Bugallo.

“Somos veciñas e veciños comprometidos con diferentes sectores da cidade, hai xente do asociacionismo, do rural, do deporte ou da cultura” explica Sánchez Bugallo que destaca que a súa candidatura “aúna ilusión e experiencia, hai novas incorporacións que nos achegarán novas ideas, para os novos retos dunha cidade que recuperou o impulso que precisa a capital de Galicia”.

Trátase de xente “con experiencia de xestión” e “comprometida coa cidade por enriba de calquera sigla ou sentimento” destacou Sánchez Bugallo que insiste en que “o que nos importa é Santiago, as nosas veciñas e veciños, por enriba de todo”. Na candidatura intégranse persoas independentes, representativas de diferentes asociacións de veciños como Isabel Gómez Cambón de A Gracia ou Rafael Sexto de Sar. Tamén profesionais comprometidas cos servizos públicos, como Marta Álvarez Vázquez, enfermeira da Área Sanitaria de Santiago desde 1992 e que estivo 16 anos na Coordinación Autonómica de Trasplantes do Sergas.

Tamén referentes no eido deportivo, como Antonio Bermúdez, xornalista profundo coñecedor do deporte local ou personalidades de recoñecido prestixio no eido económico e político, como é o caso do senador Xaquín Fernández Leiceaga. Pecha a lista a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela.